“Ao amparo da boa sorte” hasta el 25 de abril de 2023


Fecha límite para participar: 25 de abril de 2023. X convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos (18 de maio). O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.
As fotografías a concurso serán valorada atendendo, principalmente, a tres criterios:
– Estético: valorarase a beleza da fotografía e a sensibilidade á hora de recoller certos aspectos que singularicen e dignifiquen o elemento fotografado.
– Técnico: valoraranse aspectos asociados á técnica desta arte.
– Documental: valorarase que as fotografías presentadas acaden o valor de documento gráfico como forma de recoller e difundir coñecemento.

Temática: “Ao ámparo da boa sorte”, proposta que convida a fotografar pezas como amuletos e talismáns que seguen a ser, na actualidade, elementos presentes no noso día a día respondendo ao universal desexo humano de atraer a boa sorte e afastar o mal fado. O seu estudo servirá como exercicio reflexivo sobre a supervivencia destas crenzas. Pregamos o maior respecto á hora de achegarse a estas realidades cando inclúan o fotografado de persoas. Ademais, será de obrigado cumprimento o envío dun formulario firmado conforme a ter obtido con permiso a imaxe de terceiros e asumindo a responsabilidade legal que puidera derivarse da exhibición e/ou publicación desas imaxes.

Premios: establécense 3 premios. Un primeiro premio dotado con 200 euros en metálico e dous premios máis que recibirán unha figura conmemorativa. Así mesmo, as obras gañadoras serán expostas durante un período de 30 días na sede da Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo.

Web: http://www.museoliste.org/